Canto cobrarías con cada partido? Calculadora de soldo neto
Escribe o teu soldo bruto anual e mira o teu soldo neto coa normativa actual e coas medidas de IRPF que propón cada partido, con ligazóns á páxina do programa onde o propoñen e como o xustifican.
Os teus datos non se gardan nin se rastrexan. O cálculo faise só no teu navegador: o soldo que escribes non se envía a ningún servidor, non se garda en ningún sitio (nin sequera no teu navegador) e non se rexistra en ningunha estatística.
Cargando…
Como se calcula (e que non inclúe)
- Asalariado con contrato indefinido, sen fillos nin outras persoas ao seu cargo, menor de 65 anos e sen discapacidade, coa normativa de 2026.
- Cotización á Seguridade Social do traballador: 6,50 % (continxencias comúns 4,70 %, desemprego 1,55 %, formación profesional 0,10 % e mecanismo de equidade interxeracional 0,15 %), cunha base máxima de 5.101,20 € ao mes.
- IRPF: ao soldo réstanselle as cotizacións, 2.000 € doutros gastos e a redución por rendementos do traballo. Aplícase a escala xeral (do 19 % ao 47 %) e o mínimo persoal de 5.550 €.
- Cada comunidade autónoma ten a súa propia escala para a metade do imposto, así que o teu IRPF real pode variar uns centos de euros. Inclúese a dedución por salario mínimo (con 17.094 € ao ano non se paga IRPF), pero non as deducións autonómicas nin a cota de solidariedade dos soldos máis altos.
- É unha estimación do IRPF anual (o que resulta na declaración da renda), non da retención de cada nómina.
- Propostas dos partidos: só se aplican as súas medidas sobre o IRPF das rendas do traballo cando o seu programa (ou outro documento oficial citado) dá cifras concretas. Se un partido non concreta cifras, amósase a súa proposta sen cálculo. Non se teñen en conta outros impostos nin cotizacións.
Con que partido coincides máis? Responde 51 preguntas (ou 20 no modo exprés) e descóbreo.
Facer o test